OS ACCIDENTES LABORAIS DENDE UNHA PERSPECTIVA XURÍDICA PLURIDISCIPLINAR

Con motivo do incremento da demanda formativa en relación cos efectos xurídicos dos accidentes laborais, a Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela organiza unhas xornadas que terán lugar o 14 e o 16 de decembro de 2010, ás 19:00 horas, co obxectivo de analizar os accidentes laborais dende unha perspectiva xurídica penal, na cal interveñen D. Mario Piñeiro Vázquez e D.ª Ana López-Suevos Fraguela, e dende unha perspectiva xurídica laboral, na cal interveñen D. Carlos Domenche de Aspe e D. Emilio Fernández de Mata.
As xornadas terán lugar no Salón de Actos do Colexio de Avogados, de forma que a que se celebra o día 14, coa finalidade de abordar os accidentes laborais dende a óptica penal, vai estar a cargo do Fiscal Xefe da Fiscalía Santiago (D. Mario Piñeiro Vázquez) e a Maxistrada do Xulgado de Instrución n.º 1 de Santiago de Compostela (D.ª Ana López-Suevos Fraguela); mentres que na do 16 de decembro, na cal se tratará a perspectiva xurídico laboral dos accidentes, contará coa intervención do Xefe da Inspección de Traballo de Galicia (D. Carlos Domench de Aspe) e o Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (D. Emilio Fernández de Mata).
As xornadas, cuxa matrícula é gratuíta, están dirixidas a Avogados do ICA Santiago e demais profesionais do dereito, alumnos de práctica xurídica e da licenciatura en Dereito.
O número de prazas está limitado a 100, e para calquera outra información poden dirixirse ó Colexio de Avogados de Santiago de Compostela: tfno. 981 581 713, fax 981 581 132; ou á Escola de Práctica Xurídica: tfno. 881 814 675, fax: 881 814 751, correo:
Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo
.