Os vindeiros días 8, 9 e 10 de setembro de 2010 celebrarase un curso de verán sobre "A problemática xurídica dos accidentes de circulación", organizado pola Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela. O curso pretende constituir un espazo de encontro no que xuristas, representantes dos poderes públicos e profesionais dos diversos sectores relacionados co automóbil, analicen e debatan as cuestión xurídicas e sociais de maior actualidade e repercusión relacionadas coas normas que regulan a circulación de vehículos de motor, así como coas causas e consecuencias dos accidentes de circulación.
O curso dirixido polo director da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela e profesor titular de Dereito procesual da USC (D. Lotario Vilaboy Lois) celebrarase no salón de actos do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo e contará coa participación de prestixiosos profesionais entre os que se encontran o Fiscal xefe da Fiscalia do Tribunal Militar Central III (D. Julio Padilla Carballada), os avogados do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Lugo (D. Manuel Darriba Castineiras, D. Mauro Varela Pintos, D.ª María Luisa Tato Fernández e D. Rafael Rossi Izquierdo), o Presidente da Asociación Española da Carretera e do Instituto MAPFRE de Seguridade Vial, ex-director xeral de Tráfico (D. Miguel María Muñoz Medina), o Tenente Coronel da Garda Civil e xefe do Sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia (D. José Hermida Blanco), o Catedrático de Toxicoloxía da Universidade de Santiago (D. Manuel López-Rivadulla Lamas), o Fiscal de Seguridade Viaria da Fiscalia de Pontevedra (D. Carlos Gil García), a Presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, Maxistrada (D.ª María José Ruíz Tovar), e o Xefe provincial de Tráfico da coruña e coordinador da DXT en Galicia (D. Pedro Pastor del Castillo). Os relatorios serán moderados por membros das Xuntas de Goberno no ICA e do ICP de Lugo, altos cargos da Administración, membros da Fiscalía provincial de Lugo e mandos das forzas e corpos de seguridade.
Empregarase unha metodoloxía mixta o longo do curso combinando exposición teórico-prácticas con comentarios de casos reais e das súas solucións legais e xurisprudenciais, xunto con actividades de carácter práctico (simulación de probas de alcoholemia e xuízos civís e penais, reconstrución de accidentes de tráfico, etc).
Cunha duración de 20 horas lectivas e un crédito de libre elección ou optativo, o curso está destinado ó estudantado universitario en xeral (con especial interese para os de Dereito, Criminoloxía, Medicina, Enfermeria, Psicoloxía, Socioloxía, Xornalísmo,...), avogados, procuradores, xuíces, fiscales, secretarios xudiciais e demais profesionais do Dereito relacionados coa Administración de xustiza, membros da forzas e corpos de seguridade, policía portuaria, profesorado de centros de formación de conductores, persoal investigador da seguridade viaria, persoal da administración de tráfico, peritos de compañías de seguros e todas aquelas persoas que pola súa actividade ou orientación profesional desexen unha formación práctica e especializada na normativa de vehículos e seguridade viaria, profesionais relacionados coas ciencias da saúde e demais persoas interesadas na temática do curso.
A matrícula está aberta en liña por internet (www.usc.es/cultura) a partir do 25 de maio e ata o 8 de septembro de 2010, presencial do 15 de xuño e ata o 8 de septembro de 2010 na secretaria dos cursos de verán (Campus de Compostela ou de Lugo), por correo ordinario poñendose previamente en contacto cunha das dúas secretarías de cursos de verán, onde se indicará o procedemento que se debe seguir e directamente nas dependencias do Colexio de Avogados de Lugo ou da Escola de Práctica Xurídica de Santiago onde se lles facilitará ós interesados a súa matriculación. O importe da matrícula é de Taxa xeral: 70€ e Taxa reducida: 40€ (aplicabel a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC)
Este curso conta co financiamento da Dirección Xeral de Xustiza e da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, da Deputación provincial de Lugo, do Concello de Lugo, da Fundación Caixa Galicia, dos colexios de avogados e de procuradores de Lugo e da Fundación Mapfre.


